O alumnado do IES Miraflores de Oleiros mergúllase na interacción entre persoas e máquinas
xoves, 13 de marzo do 2025
A investigadora do CITIC Adriana Dapena Janeiro impartiu no IES Miraflores de Oleiros a charla Aplicacións da intelixencia artificial ás interfaces persoa-máquina, dirixida a alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. A xornada dividiuse en dúas sesións formativas; á primeira asistiu o alumnado de 4º das materias de Intelixencia Artificial e Dixitalización, mentres que a segunda estivo orientada ao grupo da rama cientÃfico-técnica de Bacharelato, na materia de TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación).
Durante a sesión, os estudantes descubriron como a IA xerativa está a revolucionar a interacción entre as persoas e os dispositivos dixitais, desde ordenadores ata teléfonos móbiles. Ademais, a investigadora ofreceu unha visión crÃtica sobre esta tecnoloxÃa, destacando tanto os seus beneficios como os desafÃos que presenta.
Un dos aspectos máis innovadores que se abordaron foi o uso da Intelixencia Artificial en interfaces baseadas en sinais cerebrais, unha tecnoloxÃa con gran potencial para transformar o futuro da interacción humano-computadora. Esta iniciativa reforza o compromiso do CITIC coa divulgación cientÃfica, achegando á mocidade os avances tecnolóxicos que marcarán o futuro da sociedade.
