O ano que vén poranse á venda equipos con SteamOS
mércores, 25 de setembro do 2013
Valve iniciou a semana anunciando que están a
traballar nunha distribución de Linux optimizada para empregar a súa plataforma
de xogos para PC no salón, pero este SteamOS non vai chegar só, senón que
finalmente confirman que imos ter a opción de acompañalo con hardware, as
chamadas Steam
Machines, equipos que sairá á venda en 2014 e que están a iniciar unha fase
de probas.
Pretenden que estas solucións de hardware se adapten a distintas necesidades,
polo que queren ofrecen diversas máquinas con SteamOS que están a desenvolverse
traballando con distintos fabricantes, e das que repartirán 300 prototipos
entre usuarios de Steam de xeito gratuÃto, para que poidan probar o que
pretende ser unha solución ideal para gozar de xogos de ordenador no salón.
As persoal que queiran poder optar a esta beta será preciso unirse á comunidade Steam Universe,
aceptar os termos e condicións da beta, ter un mÃnimo de 10 amigos en Steam, ter
un perfil público na Comunidade Steam e xogar a algún tÃtulo empregando gamepad
no modo Big Picture, todo antes do 25 de outubro, data na que elaborarase a
listaxe de candidatos que poderán probar antes de rematar o ano unha das
máquinas con SteamOS que sairá á venda a primeiros de 2014.
Nas vindeiras semanas irán publicando máis detalles sobre estes equipos que
para moitos poden ser unha magnÃfica alternativa ás consolas de videoxogos de
nova xeración por mor da maior liberdade que achega o PC como plataforma para
xogar.