O bloqueo comercial a Huawei queda parcialmente suspendido durante 90 días

luns, 20 de maio do 2019 Marcus Fernández

Tras o rebumbio xerado tras o anuncio de que Google deixaba de ofrecer a licenza de Android a Huawei dende a o Departamento de Comercio dos EE.UU. recapacitou ante o impacto das medidas que pretendía adoptar contra o fabricante chinés e relaxou as restricións impostas a semana pasada, e dálle a Huawei unha prórroga de 90 días para darte tempo á compañía a adaptarse á nova situación e evitar consecuencias inesperadas do corte inesperado de parte da cadea de subministros de Huawei.
Mantense a prohibición de que Huawei merque compoñentes estadounidenses para a fabricación de novos produtos sen a aprobación do Goberno dos EE.UU., pero ao relaxarse o bloqueo a Huawei permítese que terceiras compañías que teñen ao fabricante chinés como provedor tecnolóxico non teñan problemas tan graves como non poder ofrecer os seus servizos de telecomunicacións por quedar de súpeto sen o seu provedor de equipos.
Huawei terá agora unha licenza xeral temporal que durará até o 19 de agosto e que permitiralle adquirir produtos para manter redes e equipamento actuais, así como para recibir actualizacións de software para os seus dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE