O dicionario de galego para Android de GalApps actualízase

venres, 30 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Din que o que non corre, voa; e un exemplo disto é a xente de GalApps, que tras ver que hoxe a Real Academia Galega estreou o seu Dicionario de galego en liña, decidiron aproveitar esta fonte de información para actualizar a súa popular aplicación DicionarioGalego para dispositivos Android, chegando así á versión 2.0.1 e ofrecendo deste xeito un dicionario móbil que recolle as definicións axustándose á normativa de 2003, corrixindo así unha das principais eivas deste produto.
Entendemos que nun par de semanas estará dispoñible unha actualización semellante das aplicacións de GalApps para dispositivos iOS (as actualizacións para tal sistema non son tan áxiles como para Android), de xeito que, antes do lanzamento da ferramenta oficial da RAG, xa será posible gozar comodamente de dicionarios de galego nos nosos smartphones, polo que moitos xa non teremos desculpa para non saber como se escribe unha palabra ou cal é o seu significado.

O Dicionario da RAG xa está dispoñible dende dispositivos Android grazas a GalApps

PUBLICIDADE