Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O documental A Coruña nos videoxogos, de Iago Gordillo, estréase este 20 de decembro na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O documental A Coruña nos videoxogos, de Iago Gordillo, estréase este 20 de decembro na Rede

S. P.
Publicado: 17/12/2021
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_videoxogos.jpgEste luns 20 estréase un documental galego que sen dúbida representa un fito para dous eidos creativos que loitan por facerse fortes dende a nosa terra, con múltiples talentos emerxentes das nosas cidades, vilas e aldeas: o audiovisual por unha banda, e os videoxogos pola outra. Estamos a falar de A Coruña nos videoxogos, documental dirixido Iago Gordillo. Poderemos velo a partir do luns na canle de YouTube de Recuncho Gamer. Este proxecto busca divulgar a presenza da cidade no puxante panorama das aventuras gráficas.
O punto de partida argumental é o xogo coruñés The Waylanders, dos estudios Gato Salvaje. A través deste proxecto abordarase a representación da Torre de Hércules desde un punto de vista da cultura celta e na Idade Media e botarase luz sobre a importancia da arquitectura, o urbanismo e as infraestruturas da Coruña a través do City Skylines, o Euro Truck Simulator 2 ou o Microsoft Flight Simulator. Tamén terá espazo o Deportivo e o Estadio de Riazor.
En definitiva, máis dunha decena de xogos nos que aparece A Coruña teñen lugar neste documental con entrevistas ás propias desenvolvedoras como Laksmy Irigoyen de Gato Studio, o modelador Armesto3D e a historiadora Ana Romero Masiá.
O proxecto, apoiado polo Concello de A Coruña dentro da liña de axudas a creación artística, abéirase ao labor de divulgación en galego sobre videoxogos que realiza a canle Recuncho Gamer dirixida por Iago Gordillo, canle recentemente recoñecida co Premio Pioneira nos Premios Youtubeiras 2021.
Iago Gordillo (Carral, 1986) é realizador audiovisual con experiencia no ámbito da radio, música e da creación audiovisual de contido dixital. Actualmente dirixe e coordina Recuncho Gamer, o primeiro portal audiovisual en galego sobre videoxogos, ademais de traballar en series web como Galicia Crime e Dinosaurio (gañadora e finalista nos Mestre Mateo) e tamén compuxo bandas sonoras para videoxogos premiados a través do proxecto Diariodeverano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?