O lanzamento español do Amazon Echo podería ser a finais de ano
mércores, 16 de maio do 2018
A
primeiros de mes Álex Barredo adiantaba nas páxinas de La Vanguardia que a
chegada a España dos altofalantes Amazon Echo con Alexa en español era inminente,
estimando que verían a luz durante o Prime Day que probablemente teña lugar a
primeiros de xullo, pero agora dende
elEconomista aseguran que o lanzamento podería adiarse até finais de 2018 ou
primeiros de 2019.
Ao parecer, o lanzamento que si terá lugar a primeiros do verán é o dos
altofalantes Amazon Echo con Alexa en francés, proxecto que estaría moi avanzado;
pero a adaptación ao español sería máis lenta, en boa medida porque Amazon ten
que adaptar o seu asistente virtual non só para entender o idioma, senón tamén
para ter un coñecemento profundo dos produtos e servizos de cada país, o que no
caso do español contaría principalmente co mercado de España e dos
hispanofalantes en EE.UU.
Estes produtos chegarán ao mercado español para iniciar unha interesante
competencia, pois durante
o Google I/O avanzaron que este ano chegarían os altofalantes Google Home e
Google Home mini en español, o que probablemente concretarase no seu lanzamento
en España e México durante o último trimestre do ano, iniciando por fin a
guerra dos altofalantes conectados no mercado hispanofalante.