O nodo de intelixencia artificial crea áreas de traballo especÃficas
luns, 15 de maio do 2023
A Comisión de
Seguimento do nodo de intelixencia artificial de Galicia (nodo galicIA) reuniuse
esta semana en Santiago de Compostela e acordou un modelo operativo baseado
en capÃtulos sectoriais e capÃtulos transversais. Entre os obxectivos deste
modelo atópase o de coordinar esforzos para optimizar os recursos dispoñibles e
lograr un maior alcance das accións desenvolvidas sobre intelixencia artificial
na nosa comunidade. Ademais, centralizarán o coñecemento, fomentarán a
colaboración público-privada e facilitarán a planificación.
Cada un dos
capÃtulos disporá da súa propia comisión de seguimento. En concreto, nesta
reunión foi aprobada a creación dos capÃtulos sectoriais de sanidade e
competitividade e innovación. Tamén foi acordada a creación dun capÃtulo
transversal sobre ética e normativa que será coordinado pola Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Os responsables
do nodo acordaron tamén a creación dun comité de expertos que asesorará á Xunta
para un desenvolvemento ético e fiable desta tecnoloxÃa.
Este órgano, que
se encarga de velar polo cumprimento da Estratexia Galega de Intelixencia
Artificial (EGIA), foi o encargado de preparar a candidatura de Galicia para
acoller a sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial
(AESIA).
Comité de expertos
O Comité de
expertos asesores de IA estará formado por profesionais de prestixio
internacional recoñecido nos ámbitos da economÃa, a filosofÃa e evolución
humana, a socioloxÃa, a tecnoloxÃa aplicada e o dereito.
A súa función
será a de asesorar, informar e formular recomendacións á Xunta de Galicia a
través da incorporación do coñecemento, as boas prácticas identificadas e unha
visión integral cara a deseñar accións en materia de IA. En concreto e, entre
outras, a elaboración de recomendacións para proporcionar asesoramento sobre a
aplicación ética no desenvolvemento e emprego da IA con respaldo da normativa
europea; o asesoramento para o impulso de accións formativas e de
concienciación; o asesoramento para o deseño dunha folla de ruta para a
potenciación das competencias STEM vencelladas á IA; ou o asesoramento en
materia de avaliación do impacto da IA nos sectores produtivos, a
Administración pública e a sociedade.
GuÃas, manuais e códigos de conducta
O Comité de Expertos formará parte, xunto cos integrantes do nodo, do capÃtulo transversal sobre ética e normativa. Entre os obxectivos deste capÃtulo atópase o de velar pola preservación da privacidade dos datos, a explicabilidade do funcionamento dos sistemas de IA e a neutralización de prexuÃzos. Este grupo encargarase da supervisión de guÃas e manuais de boas prácticas por sectores; o marco ético para o desenvolvemento da IA nas Administracións públicas de Galicia e os códigos de conducta e guÃas de adopción da IA.