Aínda que THQ tivo que venderse por partes tras a súa bancarrota, dende Nordic Games non se deron por vencidos, e procuraron facerse coa propiedade intelectual da súa saga Darksiders, de aí que hai preto dun ano lanzasen ao mercado Darksiders II Deathinitive Edition, unha versión remasterizada da segunda entrega da saga adaptada a Xbox One e PlayStation 4 e agora confirmen que darán o mesmo tratamento ao xogo orixinal con Darksiders Warmastered Edition, título que aínda non ten data de lanzamento fixada, pero que previsiblemente completará a alfombra vermella para o anuncio de Darksiders 3, xa que confíanse en que a saga que debería estar conformada por un mínimo de catro entregas (unha por cada xinete da Apocalipse) consiga completarse con éxito.
O Darksiders orixinal está considerado como unha equilibrada mestura entre The Legend of Zelda e God of War, no que algúns medios describían como “un Zelda para adultos”, de aí que non sexa sorprendente que o estudio que está detrás queira manter esta franquía viva, dado o seu grande potencial. Na súa edición Warmastered contaría con versións para PS4, Xbox One e Wii U, os seus gráficos serían Full HD nativos, as súas texturas dobrarían a súa resolución e tamén melloraría a calidade das sombras e moitos outros efectos, conseguindo así un xogo máis solvente, que en PS4, Xbox One e mesmo PC moveríase a 60 cadros por segundo (a versión de Wii U teríase que conformar con 30 imaxes por segundo).
Confíanse en que na Gamescom de Colonia sáibase máis desta rematerización e, especialmente, dos plans de Nordic Games para revivir a franquía de Darksiders.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Nordic Games publicou unha nota de prensa na que detallan que Darksiders Warmastered Edition sairá á venda para PC, Xbox One, PS4 e Wii U o vindeiro 25 de outubro a un prezo de 19,99 euros.
O primeiro Darksiders terá unha remasterización para as consolas da actual xeración
Compartir Este Artigo
