THQ remata a súa bancarrota cunha venda fragmentada
mércores, 23 de xaneiro do 2013

- Ubisoft farase cos estudos de THQ en Montreal
THQ, a compañÃa
responsable de xogos como Darksiders,
Saints Row, a saga Red Faction, Company of Heroes e incluso xogo s licenciados pola WWE,
Nickleodeon, Disney e Pixar entrou nunha profunda crise tras o fracaso
comercial da tableta
gráfica uDraw, que tras acumular 1,4 millóns de unidades sen vender
provocarÃa unhas perdas de ingresos duns 100 millóns de dólares, crise que non
foron capaces de superar tras acollerse á protección da bancarrota, o que levou
a que hoxe
mesmo pechasen a súa venda por partes: SEGA faise con Relic (división
responsable de Company of Heroes),
Koch Media merca Volution (Saint’s Row)
e a saga Metro, Crytek faise co xogo Homefront, Take-Two mercará o xogo aÃnda
non anunciado Evolvee Ubisoft farase
con THQ Montreal e o xogo de South Park.
Con esta operación buscaron maximizar os ingresos pola venda da compañÃa para
poder satisfacer aos seus acredores, agardando que boa parte dos actuais
traballadores da empresa poidan continuar a traballar para os novos propietarios
da súa respectiva división (aÃnda que o acordo de venda non inclúe cláusulas
sobre o cadro de persoal, polo que dependerá de cada caso, aÃnda que durante o
perÃodo de transición entre propietarios que comezará o vindeiro dÃa 25 os
traballadores terán garantido o seu posto).
Estamos ante un triste final para unha compañÃa fundada en 1989 nos EE.UU. que
conseguiu grandes éxitos e que non fracasou por desenvolver malos tÃtulos (de
feito, a meirande parte dos seus xogos tiveron unha acollida moi positiva)
senón por ter tomado unhas malas eleccións estratéxicas que as levaron á
bancarrota.
