O supercomputador Finisterrae III será realidade o ano que vén
venres, 5 de xuño do 2020
- O Consello da Xunta abordou a renovación do supercomputador do Cesga
O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) vai investir
7 millóns de euros no Finisterrae III, un novo supercomputador que permitirá
multiplicar por seis a capacidade de cálculo do actual supercomputador, o
Finisterrae II, ao tempo que proporcionará servizos de almacenamento de moi
alta capacidade, reforzando asà o servizo de vangarda que o centro presta aos
investigadores e á industria galega segundo aprobou
hoxe o Consello da Xunta.
A licitación desta infraestrutura será posible grazas a un
convenio de colaboración do Cesga co Ministerio de Ciencia e Innovación, e que
contará con 5,6 millóns de euros procedentes do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (Feder). Segundo o convenio autorizado hoxe polo
Consello da Xunta, o cofinanciamento nacional será asumido pola Administración
autonómica, que, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), achegará
1.050.000 euros, e o Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC),
que dedicará 350.000 euros.
O novo supercomputador, que se espera poida entrar en
funcionamento en marzo de 2021, permitirá que os centros de investigación e
tecnolóxicos, asà como as empresas de Galicia, sigan liderando proxectos de
I+D+i e manterá ao Cesga, que conta con 27 anos de traxectoria, como un dos
referentes da supercomputación nacional e europea.
O Finisterrae III facilitará atraer proxectos que requiran
unha grande capacidade de computación e de almacenamento de datos. Tamén
permitirá fomentar e promover o uso da supercomputación no ámbito empresarial,
especialmente nas pemes, e contribuÃr á adopción das novas técnicas de
intelixencia artificial, machine learnig e deep learning, impulsando a
Industria 4.0 e os Hubs de Innovación Dixital de Galicia, dos que forma parte o
Cesga.
Ademais, o Centro de Supercomputación de Galicia provee
outros servizos de conectividade á rede de centros de investigación,
tecnolóxicos, universitarios e educativos de Galicia, e dispón doutras
infraestruturas que permiten que a comunidade cientÃfica e educativa poida realizar
traballos colaborativos.
Todas estas infraestruturas fan posible que os centros de
investigación e tecnolóxicos poidan prover servizos innovadores e de valor, e
tamén, que as pequenas e medianas empresas elaboren e perfeccionen novos
produtos e servizos.
A configuración do novo superordenador Finisterrae III é
resultado dun estudo de necesidades da comunidade de usuarios do Cesga, centros
de investigación, centros tecnolóxicos, centros universitarios e colexios
profesionais relacionados coas TIC e tamén con empresas e outros actores
relevantes, asà como dunha avaliación das diferentes tecnoloxÃas dispoñibles no
mercado. A infraestrutura permitirá ao centro posicionarse cara ao futuro, en
liña coas capacidades de Galicia.
Beneficiaranse destas novas infraestruturas, entre outros,
os investigadores das universidades galegas, do CSIC e dos centros tecnolóxicos
galegos; e proxectos punteiros como os de investigación aplicada ao
descubrimento temperán de fármacos e ao desenvolvemento de novos materiais, os
proxectos de ultrasecuenciación e xenómica, os proxectos de astrofÃsica
participados pola Axencia Espacial Europea (ESA), os de altas enerxÃas
desenvolvidos por grupos galegos en colaboración co CERN; asà como os
desenvolvementos ligados á reconstrución de imaxe médica de alta resolución, os
relacionados coa covid-19 e tamén os proxectos de anotación e exploración
masiva de datos. Asà mesmo, o Finisterrae III permitirá mellorar os servizos
prestados a MeteoGalicia ou a Portos do Estado para a elaboración das súas
predicións operativas diarias.