O xogo de Scott Pilgrim está de volta
mércores, 13 de xaneiro do 2021
O anuncio de que o xogo Scott Pilgrim vs. The World: The
Game editado en 2010 para Xbox 360 e PlayStation 3 ía volver a tendas
físicas e dixitais adaptándose ás novas máquinas foi unha sorpresa moi
agradable, xa que o título era un dos exemplos do inxusta que pode ser a
publicación dixital de xogos (pois a retirada da venda pode supor a
imposibilidade de xogar ao mesmo no futuro). Aínda que o lanzamento oficial do
xogo está previsto para mañá, cando sairá á
venda en Stadia, PC, Nintendo Switch e PlayStation 4, hoxe
mesmo xa está á venda na súa versión para Xbox One.
Este xogo inspírase nos clásicos beat’em up que tanto éxito tiveron nos
salóns recreativos de finais dos 80 e primeiros dos 90, baseándose na banda
deseñada de Scott Pilgrim e na súa adaptación cinematográfica, de aí que conte
cunha banda sonora de luxo interpretada por Anamanaguchi (que estes días
incluso está
a reeditarse en disco de vinilo).
Este relanzamento é un xeito ideal de celebrar os décimo aniversario do xogo,
que de seguro que vai sorprender a moitos, e que por fin vai estar dispoñible
tamén en formato físico, polo que os coleccionistas poderán atesourar este
título por se algún día volve desaparecer das tendas dixitais.

- O xogo acadou unha condición de mito tal que incluso pode mercarse nunha completa versión para coleccionistas que custa 139,99 dólares (115 euros).
