O estudio galego de videoxogos Moonbite Games leva anos traballando duramente para que a súa grande creación, Zombeer, un xogo de acción en primeira persoa no que enfrontarse a un apocalipse zombi mentres se bebe Zombeer para non sucumbir ante o virus que infecta á poboación que vén de rematar o seu desenvolvemento, para comezar agora a súa fase de comercialización, que comeza hoxe mesmo coa súa estrea na tenda dixital da PlayStation 3 por 14,99 euros e continuará semanas despois co lanzamento de versións para PC e Mac en Steam (grazas á iniciativa Steam Greenlight).

Para dinamizar a estrea deste agardado título dende Moonbite decidiron iniciar en Twitter unha grande
guerra para avaliar constantemente a tendencia e comprobar se son máis
mortíferos os zombis ou as cervexas. Deste xeito poderemos facer un seguimento
do que se está a falar en Twitter deste xogo que chega hoxe á PlayStation
Network europea.
Novo trailer de Zombeer
