Oppo presenta un sistema de carga rápida a 125 watts
mércores, 15 de xullo do 2020
Comezamos a semana
dando conta de que iQOO conseguiu desenvolver un
sistema de carga rápida para móbiles de 120 watts, e agora Oppo fai o mesmo
e amosa en acción
a súa tecnoloxÃa Flash Charge de 125 watts coa que conseguen cargar un
móbil cunha baterÃa de 4.000 mAh en 20 minutos. Esta tecnoloxÃa poderÃa conseguir
a carga en só 13 minutos, pero decidiron limitar a temperatura máxima da
baterÃa en 40 graos centÃgrados, o que fai que a carga vaia un chisco máis
lenta, o que deberÃa mellorar a seguridade do proceso e prolongar a vida útil
da baterÃa.
O novo cargador conseguirÃa completar o 41% da carga en só 5 minutos, o que xa
supón un importante avance para moitos usuarios que busquen simplemente
aproveitar unha pausa para conseguir carga dabondo para rematar o dÃa tras unha
xornada de uso intensivo do móbil.
iQOO e Oppo non son as únicas compañÃas que están a desenvolver sistemas de carga
rapidÃsimos, e Xiaomi tamén entrou nesta carreira, prometendo unha carga rápida
de 100 watts que poderÃa chegar ao mercado en poucas semanas.
Cómpre lembrar que estes sistemas de carga rápida fan cada vez máis importante
o uso de cargadores orixinais adquiridos a través de canles de venda fiables,
xa que as cargas a alta velocidade poden resultar perigosas, e xa temos
demasiadas incidencias ao longo dos últimos anos confirmando que boa parte dos
incendios de baterÃas de móbiles son culpa de cargadores de baixa calidade.