Os móbiles BlackBerry clásicos deixarán de funcionar a semana que vén
xoves, 30 de decembro do 2021
Hai anos que non chegan ao mercado móbiles con sistema
operativo de BlackBerry, pois a marca xa se dera por vencida e os seus últimos
smartphones (fabricados
por TCL) funcionan con Android, pero ante o feito de que seguen activos
terminais con BlackBerry 10 e BlackBerry 7.1 (ou anterior) os
operadores e a propia BlackBerry están a lembrar que o vindeiro
4 de xaneiro estes dispositivos deixarán de estar soportados.
Normalmente cando un móbil queda obsoleto simplemente deixa de recibir
actualizacións por parte do seu fabricante, pero desta volta o funcionamento dos
dispositivos dependen de servidores en liña, polo que o remate do ciclo de vida
de BlackBerry OS supón que os móbiles con tal sistema operativo non poderán conectarse
á Internet, realizar chamadas telefónicas, enviar ou recibir mensaxes de texto
e nin sequera facer chamadas a servizos de emerxencias. Deste xeito, nin sequera
os máis nostálxicos poderán seguir a empregar smartphones clásicos de
BlackBerry, dicindo adeus a uns dispositivos que non souberon reaccionar aos
cambios do mercado e padeceron as consecuencias da perda de confianza tras unha
caÃda do servizo en 2011 (que durou tres dÃas deixando a millóns de usuarios
incomunicados).
Cómpre salientar que os móbiles da marca BlackBerry que empreguen co sistema
operativo Android seguirán a funcionar con normalidade.
