Os obradoiros Fly the future achegan a estudantes de secundaria as oportunidades da industria dos drons
venres, 14 de febreiro do 2020
A directora de GAIN, Patricia
Argerey, participou esta mañá no Centro de Investigación Aerotransportada de
Rozas (CIAR) nun dos obradoiros Fly the future, unha iniciativa
organizada pola multinacional Babcock en colaboración coa Xunta no marco das
actividades de fomento das vocacións cientÃfico-tecnolóxicas do Polo
Aeroespacial de Galicia.
A actividade Fly the future amosa o lado práctico das
carreiras vinculadas coa ciencia, a tecnoloxÃa, a enxeñarÃa e as matemáticas
(STEM) aos mozos e mozas a través da explicación, interacción e visión das
solucións tecnolóxicas desenvoltas pola compañÃa Babcock no Polo Aeroespacial
de Galicia.
Os estudantes do IES O Perdouro de Burela que participaron
hoxe na iniciativa realizaron unha visita ás instalacións do CIAR,
infraestrutura de referencia a nivel europeo para a realización de ensaios con
vehÃculos non tripulados, e tiveron tamén a oportunidade de ver demostracións
de voo con drons e simulacións de realidade virtual con lentes 3D. Desde hoxe e
ata o 4 de xuño un total de 145 alumnos de cinco centros educativos
participarán neste iniciativa. Ademais do instituto burelense, asistirán
estudantes do IES de Ortigueira, do IES Punta Candieira de Cedeira, do IES de
Foz e do IES MarÃa Sarmiento de Viveiro.
Fly the future inclúese no programa de fomento das
vocacións cientÃfico-tecnolóxicas do Polo Aeroespacial de Galicia, que inclúe
diferentes actividades para o fomento das vocacións cientÃfico-tecnolóxicas e
que ten como obxectivo espertar o interese polas carreiras STEM entre a
mocidade. Está dirixido a estudantes de educación primaria, secundaria,
bacharelato, ciclos formativos e educación especial, asà como á comunidade
universitaria. Tamén contempla accións abertas a todo tipo de público.
Neste contexto, onte comezou tamén a iniciativa Enxeñando
futuro, en colaboración con Indra, na que participarán ata xuño 132 alumnos do
IES Manuel GarcÃa Barros da Estrada, do CPI Dr. López Suárez do Saviñao, do IES
Urbano LugrÃs de Malpica de Bergantiños, do IES Monte das Moas da Coruña e do
IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol.
O programa de fomento de vocacións cientÃfico-tecnolóxicas
conta coa colaboración da ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación
Profesional, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), o Centro de
Investigación Aerotransportada de Rozas e das empresas Boeing, Indra e Babcock.
O vindeiro 9 de marzo levarase a cabo un Open Day ou xornada
de portas abertas en Rozas para presentar á comunidade educativa as actividades
e proxectos que se están a levar a cabo no marco do Polo Aeroespacial de
Galicia.