Os profesionais de Drupal xuntaranse en Compostela o vindeiro sábado

martes, 8 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro sábado celebrarase en Santiago de Compostela o Drupal Day Galicia 2016, sendo a primeira vez que un evento a nivel estatal relacionado con Drupal se celebra na nosa comunidade, buscando así unha maior cohesión para a comunidade drupaleira galega e un maior achegamento ao resto da comunidade Drupal española.
O encontro organizado por e para profesionais de Drupal desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, e durante a xornada do día 12 terán lugar as seguintes sesións:
9:30 – A charla de Docker
10:15 – Scraping de contidos e integración con Drupal 8
11:00 – Entidades personalizables en Drupal 8
12:15 – Como pode contribuír á Comunidade Drupal
13:00 – A revolución da manipulación de medios en Drupal 8
15:45 – Unha introdución a Elm
16:30 – Escribir código testeable en Drupal 8
17:15 – Drupal na universidade: o caso da USC