Os reloxos de Samsung poderán empregarse para medir a tensión
martes, 21 de abril do 2020- Para utilizar os reloxos de Samsung para monitorizar a tensión é precisa a calibración periódica cun tensiómetro
Cando
chegou a España o smartwatch Samsung Watch Active advertimos do feito de
que este innovador dispositivo estaba á espera da certificación de organismos
sanitarios para poder activar oficialmente a súa funcionalidade de medición da tensión,
e finalmente Samsung anuncia a aprobación da aplicación Samsung Health Monitor
polo Ministerio de Seguridade Alimentaria e Farmacéutica (MFDS) de Corea do Sur
como dispositivo médico (SaMD) de xeito que pode
considerarse como unha aplicación autorizada para a monitorización da presión
arterial.
Nos últimos anos popularizáronse os dispositivos con medición de pulso, e
incluso nalgún caso con función limitada de electrocardiograma, sendo un
importante avance que tamén poidan empregarse para a monitorización da presión
arterial, xa que a información achegada polos reloxos axuda a tomar decisións
para levar unha vida máis saudable, especialmente no caso de usuarios con
hipertensión.
O smartwatch de Samsung actual en poder gozar de monitorización da presión
arterial é o Galaxy
Watch Active2, que realiza as medicións a través da análise de ondas de
pulso, ou sexa, empregando os sensores que monitorizan a frecuencia cardÃaca,
de xeito que podemos ter medicións da tensión de xeito frecuente sen a incomodidade
da medición cun tensiómetro tradicional, aÃnda que cómpre advertir que o uso do
tensiómetro segue a ser preciso, para realizar a calibración do reloxo (que
deberÃa facerse como mÃnimo unha vez cada 4 semanas).
A aplicación Samsung Health Monitor estará dispoñible para o Galaxy Watch
Active2 a finais do presente ano e chegará progresivamente aos vindeiros
dispositivos da familia Galaxy Watch.
VÃdeo no que amosan o funcionamento da medición da presión arterial dende reloxos de Samsung