PS Plus ofrecerá en marzo unha das súas mellores seleccións de xogos
mércores, 28 de febreiro do 2018
Os xogos incluÃdos no servizo de PlayStation Plus tras a súa
suba de prezo manteñen un bo nivel, especialmente agora que se anunciou que PS Plus
deixará de lado á PS3 e á PS Vita o ano que vén, e precisamente por iso
podemos asegurar que a
selección de xogos que se incorporan o 6 de marzo é posiblemente a mellor
en toda a historia do servizo premium da PlayStation Network.
Para comezar temos Bloodborne,
un xogo para PlayStation 4 que pode considerarse nacido da serie Souls de From Software, no que haberá
que emprender unha viaxe infernal e brutal na que os combates destacan pola súa
grande dificultade, de xeito que os usuarios teñen que aprender pouco a pouco
dos seus erros.
Para continuar con bo pé tamén teremos Ratchet
and Clank para PS4, versión remasterizada
do clásico de Insomniac Games para PS4, que foi un grande éxito en ambas
plataformas.
Como bonificación tamén se inclúe o xogo Kyurinaga’s
Revenge para PS4, froito da canteira de PS Talents.
Entre os xogos para PlayStation 3 temos Legend
of Kay Anniversary e Mighty
No. 9, destacando este último por ser herdeiro da saga de Mega Man e
por funcionar tamén en PS4, polo que resulta bastante atractiva a súa
incorporación entre os xogos de marzo.
Logo, para PS Vita (compatibles con PS4) teremos Claire:
Extended Cut e Bombing
Busters, estando este último claramente inspirado nos xogos de Atomic Bomberman.
Complétase unha grande colección de xogos, que na súa meirande parte poderán
xogarse en PlayStation 4, co que Sony parece querer ir preparando o terreo para
o abandono de PS3 e PS Vita.
