Preparan a remasterización do xogo de Rogue Trooper editado en 2006
martes, 28 de febreiro do 2017
Este
ano está a celebrarse o 40º aniversario da revista británica de banda deseñada 2000 AD,
publicación na que se recollÃan historias de Judge Dredd, Dan Dare, Sláine e
Rogue Trooper, entre moitos outros, converténdose en toda unha publicación de
culto á que Rebellion vai render tributo recuperando un videoxogo de 2006 para
a actual xeración de consolas e ordenadores.
Falamos de Rogue Trooper, tÃtulo que inicialmente puidemos ver para
Xbox, PlayStation 2 e PC (a
versión para PC aÃnda está á venda en Steam) e que en 2009 adaptouse a
Wii, e que remasterizarase para Xbox One, PlayStation 4 e PC baixo o tÃtulo
de Rogue Trooper Redux, de xeito que
poderemos recuperar este bo xogo de acción en terceira persoa para o goce en
máquinas actuais e para a actual xeración de xogadores.
Esta remasterización pode supor o descubrimento do rico universo de 2000 AD para moitos xogadores, que
primeiro entrarán en contacto coa historia do soldado de pel azul que vive as
súa aventuras pola devastada Terra Nu acompañado polos biochips coa
personalidade dos seus compañeiros caÃdos en combate. É moi posible que este só
sexa o primeiro de moitos xogos das marcas rexistradas de Rebellion, xa que a
compañÃa recoñeceu estar disposta a que outras compañÃas poidan desenvolver
xogos de personaxes como Judge Dredd ou Sláine no futuro.
Primeiro vÃdeo promocional de Rogue Trooper Redux