R organiza obradoiros de robótica para cativos
luns, 27 de febreiro do 2017
En Galicia é cada vez máis frecuente ver actividades ao
redor do fenómeno Maker, e unha das compañÃas que se suma agora a esta
tendencia é o operador de telecomunicacións R, que quere premiar a fidelidade
dos seus clientes organizando crea R, un proxecto
de emprendemento para cativos de 7 a 15 anos que consiste nunha serie de
obradoiros de balde que terán lugar por distintas localidades galegas,
comezando o vindeiro sábado 11 de marzo.
A primeira actividade estará orientada á robótica, de xeito que os pequenos que
asistan poderán crear un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais
reciclados, buscando que asà desenvolvan e potencien a súa creatividade,
esperten o seu espÃrito emprendedor e traballen en equipo.
A primeira vila na que terá lugar un encontro de crea R será Burela, dividindo
a xornada en quendas de dúas horas agrupando aos cativos en función da súa
idade (de 7 a 8 anos ás 10:00 horas, de 9 a 11 anos ás 12:00 horas e de 12 a 15
anos ás 16:30 horas).
Cada obradoiro está limitado a 20 pequenos, polo que é preciso reservar praza,
procedemento que pode facerse na tenda R da vila.
