Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rock Band 4 despídese das tendas dixitais esta fin de semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Rock Band 4 despídese das tendas dixitais esta fin de semana

Redacción
Publicado: 03/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rock_band_4_apps.22622.jpgO mítico Rock Band 4 será retirado das tendas dixitais de Xbox e PlayStation este domingo debido á caducidade das licenzas musicais, segundo confirmou Harmonix, desenvolvedora do xogo, coincidindo co décimo aniversario do título.
«O domingo 5 de outubro de 2025 Rock Band 4 cumpre 10 anos. Vaya viaxe foi», sinala o comunicado. «Con esta efeméride chega un gran cambio: as licenzas orixinais da banda sonora principal están a expirar. Por iso, o xogo será retirado das tendas dixitais de PlayStation e Xbox. Se xa o posúes, nada cambia: manterás o acceso completo e poderás descargar tanto o xogo como as cancións en calquera dispositivo novo e compatible. O mesmo ocorre co contido descargable (DLC): as cancións irán desaparecendo ao cumpriren dez anos, pero todo o que xa mercaras seguirá na túa biblioteca».
rock_band_4_apps.62222.jpg A partir do domingo non se poderán comprar nin o xogo nin os temas que se publicaron como DLC o mesmo día do lanzamento. As cancións herdadas das entregas anteriores de Rock Band non se verán afectadas polo momento, aínda que Harmonix confirmou que decidirá o seu futuro nos vindeiros meses.
O modelo de DLC da saga permitiu trasladar bibliotecas enteiras de cancións, incluídas as exportacións dos discos principais, ao longo de tres xeracións de consolas, acumulando milleiros de temas desde 2007. O último DLC chegou en xaneiro de 2024, poñendo fin a oito anos de lanzamentos semanais, e agora comeza un proceso de desaparición progresiva de todo este contido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?