Rouban datos dos usuarios de Yoigo
luns, 3 de abril do 2023
Algúns
clientes de Yoigo están a compartir en redes sociais un comunicado que
recibiron da compañÃa no que advirten que padeceron
unha intrusión informática, deixando expostos datos persoais dos seus clientes,
ante o que aseguran ter reforzado as súas medidas de seguridade e incrementado
a vixilancia ante anomalÃas na xestión de liñas e a contratación de novos servizos.
Aseguran que por culpa disto, nos vindeiros dÃas será máis complicado operar cos
servizos de atención ao cliente, xa que esixirán máis información para
verificar a identidade dos usuarios, e tamén instan a ter unha maior seguridade
cos correos electrónicos, mensaxes de texto ou chamadas de remitentes descoñecidos
ou que non se identifiquen claramente, especialmente se solicitan códigos, contrasinais
ou datos de pagamento, e instan a denunciar ante as autoridades competentes no
caso de detectar algunha actividade sospeitosa.
Os usuarios que dan conta do sucedido amosan a súa indignación ante o xeito no
que se comunica o incidente, pois nin concretar a información subtraÃda nin os
usuarios afectados, transmitindo intranquilidade e indefensión aos clientes da
operadora.
