Sae á venda Bloodstained: Ritual of the Night

martes, 18 de xuño do 2019 Marcus Fernández

O Castlevania: Symphony of the Night para PlayStation converteuse na entrega da franquía de Konami con mellor pouco, e agora, 22 anos despois, conta cunha secuela espiritual da man dun dos seus directores, Koji Igarashi, quen tras trunfar en Kickstarter con esta proposta conseguiu financiar o xogo que hoxe chega ás tendas, Bloodstained: Ritual of the Night, en versións para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC.
O xogo, que na súa versión para consolas está dispoñible tamén en formato físico, é un RPG de acción de terror gótico de desprazamento lateral ambientado na Inglaterra dos século XIX onde unha forza paranormal invocou un castelo inzado de demos aos que deberá derrotar Miriam, unha orfa maldita que percorrerá numerosos o castelo enfrontándose a numerosos desafíos para derrotar ao invocador Gebel.
Temos así un título que mantén as mecánicas propias da serie Castlevania clásica, co que satisfará aos amantes deste xénero.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE