Situm amplÃa precisión e posibilidades cunha nova ferramenta de geofence poligonal
martes, 30 de xullo do 2019
A
empresa galega Situm, que dá nome á
innovadora plataforma de localización e navegación en interiores,
vén
de incorporar unha nova ferramenta de geofence poligonal na
devandita plataforma. Para quen non o saiba, a finalidade do
geofencing é delimitar áreas concretas onde queiramos
localizar un teléfono móbil, co fin de facer analÃticas
especÃficas da contorna, controlar accesos e saÃdas ou notificar
aos traballadores desa area as tarefas a realizar. Até o de agora, o
principal atranco desta práctica baseábase na imposibilidade de
facermos axustes precisos cando o perÃmetro do espazo a delimitar
está formado por liñas rectas.
En
palabras de Situm, esta imprecisión pode provocar cousas como que
achemos persoas ou obxectos nunha estancia cando realmente están nun
espazo lindeiro. Ou que a notificación dun anuncio nun smartphone
se lance en espazos nos que realmente non se querÃa notificar.
Para
solucionar as devanditas eivas é para o que Situm vén de incorporar
a dita ferramenta.
Nun
plano máis concreto, o novo instrumento de geofencing
poligonal da Plataforma Situm IPS favorecerá dispor de información
sobre xeolocalizacións máis precisa e completa, unha mellor xestión
de accesos a diferentes áreas, ou unha maior eficacia en accións de
xeomarketing, entre outras posibilidades.
Máis
polo miúdo, os clientes de Situm poderán optimizar a xestión de
permisos de acceso de empregados a zonas sensÃbeis, facer auditorÃas
exhaustivas dos servizos prestados por empresas de facility
management, dispor de analÃticas máis precisas sobre o
comportamento de clientes nos diferentes espazos dun establecemento,
ou achegar mensaxes de promoción nunha sección localizada.