Solos prepara novas lentes con IA
mércores, 25 de xuño do 2025
Solos, compañÃa que comercializa actualmente varias lentes que integran ChatGPT, anunciou o lanzamento de dous novos modelos de lentes con mans libres e intelixencia artificial: as AirGo A5 e as AirGo V2. A presentación tivo lugar na Smart Glasses Summit de Hong Kong e supón un paso adiante na integración natural da IA no dÃa a dÃa, cun enfoque posto na accesibilidade, o deseño e a modularidade.
O modelo AirGo A5 está pensado para quen busca un dispositivo lixeiro, discreto e centrado na experiencia sonora. Con activación por voz mediante a orde «Hey Solos», audio direccional que reduce a fuga de son e acendido e apagado automáticos, estas lentes permiten acceder a funcións intelixentes sen tocar o móbil. Grazas ao sistema modular SmartHinge, poden adaptarse a distintas frontes de montura da gama AirGo 3 e incorporar baterÃas intercambiables. Ofrecen ademais unha interacción conversacional fluÃda a través da plataforma SolosChat, con seguimento natural de ordes e preguntas. Estará dispoñible no terceiro trimestre de 2025, con reservas abertas desde agosto a un prezo inicial de 249 dólares.
Pola súa banda, o modelo AirGo V2 introduce capacidades visuais avanzadas, cunha cámara de 16 MpÃxeles con estabilización electrónica, gravación de vÃdeo en alta definición e transmisión en tempo real mediante Wi-Fi de baixo consumo. A nova versión de SolosChat 3.0 permite interaccións multimodais combinando vÃdeo, imaxe, audio e texto, e facilita tarefas como a identificación de obxectos, tradución de sinais ou acceso a diferentes modelos de IA (como ChatGPT, Claude, Gemini ou DeepSeek). As lentes manteñen a compatibilidade co sistema de montura modular e incorporan baterÃa extraÃble, ademais de axustes ergonómicos como pontes nasais e patillas configurables. Chegará no cuarto trimestre do mesmo ano cun prezo de partida de 299 dólares.
Ambos modelos forman parte da aposta de Solos por un ecosistema aberto con SDK dispoñible para desenvolvedores.
