Street Fighter V estreará edición arcade en xaneiro
xoves, 5 de outubro do 2017
O 16
de xaneiro de 2018 será unha data que os afeccionados dos xogos de loita para
PlayStation 4 e PC marquen claramente no seu calendario, pois é para cando
Capcom ten previsto o lanzamento da actualización do seu xogo estrela do
xénero, Street
Fighter V: Arcade Edition, revisión dun dos principais referentes a
nivel de competición que incluirá todos os contidos da entrega orixinal e
incorporará novos contidos como os modos Arcade e Extra, novos movementos
V-Trigger, unha galería e unha interface de usuario totalmente redeseñada, os
personaxes das súas primeiras tempadas de Street
Fighter V e moito máis.
O Modo Arcade permitirá que os xogadores poidan recordar a historia da serie Street Fighter, que está a celebrar o
seu 30º aniversario, permitindo elixir os 6 camiño diferentes e competir en
partidas contra rivais controlados pola CPU para desvelar finais únicos
baseados no rendemento do xogador.
O Modo Extra Battle incluirá unha serie de desafíos exclusivos temporais onde
os xogadores deberán empregar o seu Fight
Money para ter a oportunidade de recibir equipamentos premium exclusivos cada mes. Completando os 4 desafíos exclusivos
de cada mes recibirase un traxe exclusivo de gama alta especial para ese modo.
Con desafíos adicionais engadiranse máis contidos.
Os usuarios que xa teñan o xogo Street
Fighter V recibirán tamén os novos elementos a través dunha actualización do
xogo que coincidirá coa estrea da Arcade
Edition, que para ordenadores persoais só estará dispoñible en formato
descargable, mentres que a versión para PS4 tamén poderá adquirirse en formato
físico.
Os actuais usuarios de Street Fighter V
e os futuros compradores de Street
Fighter V: Arcade Edition, estarán no mesmo grupo, coa posibilidade de xogo
cruzado entre PS4 e PC, cumpríndose así a
promesa de Capcom de que será posible gozar sempre dunha versión ao día da saga
sen ter que mercar actualizacións como acontecera no pasado. Os contidos
que van chegando ao longo do ano poden desbloquearse mediante Fight Money, aínda
que os ansiosos tamén poden optar por empregar cartos reais para desbloquealos.
Estamos a piques de ver como rematará a segunda tempada de Street Fighter V, que concluirá coa chegada dun personaxe que se
anunciará en breve, e agora xa sabemos que a tempada seguinte supón unha
renovación da marca, que agora leva como apelidos Arcade Edition, no que semella a promesa de moitas novidades que iremos
vendo ao longo dos vindeiros meses.
Tráiler de Street Fighter V: Arcade Edition