Tencent e a familia Guillemot poderÃan facerse coa totalidade de Ubisoft
venres, 4 de outubro do 2024
Unha das compañÃas de videoxogos máis importantes de Europa, Ubisoft, está a pasar por malos momentos, agravados pola mala resposta ante o ambicioso xogo Star Wars Outlaws e o adiamento de Assassin’s Creed Shadows, o que afectou seriamente á valoración da compañÃa que en 2018 chegou a superar os 100 euros por acción e nos últimos dÃas tivo momentos nos que caeu por debaixo dos 10 euros por acción.
Esta cotización bolsista tan baixa poderÃa aproveitarse para que a familia Guillemot (fundadores da empresa, e co 20,5% das accións con dereito a voto) e Tencent (co 9,2% das participacións con dereito a voto) poderÃan estar interesados en facerse co total da empresa, para asà retirala do mercado e estabilizala.
Dende Bloomberg aseguran que as negociacións para a venda de Ubisoft estarÃan aÃnda nas súas etapas iniciais, estando diferentes alternativas sobre a mesa (polo que tampouco pode desbotarse que a compañÃa sexa adquirida por grupos externos, como xa tentou Vivendi en 2022).