Tres proxectos de Lugo, A Coruña e Arbo, gañadores na categorÃa de videoxogos do Xuventude Crea 2025
mércores, 5 de novembro do 2025
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, asistiu hoxe ao acto no que se elixiron os proxectos gañadores do certame Xuventude Crea 2025 na categorÃa de creación de videoxogos, no que se distinguiron as iniciativas Kitty Witchy, Alta Costura e After Juice: Animal Disco Mafia, procedentes de Lugo, A Coruña e Arbo (Pontevedra), respectivamente.
A representante da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou os participantes pola «calidade e variedade» dos seus traballos e salientou o interese que este certame esperta entre a mocidade. «Este ano celebramos a décimo sexta edición cunha gala que terá lugar o vindeiro 19 de decembro na Cidade da Cultura», explicou, antes de lembrar que desde o inicio deste programa participaron nel «máis de 6.000 mozos e mozas con 4.000 proxectos».
O primeiro premio recaeu no equipo formado por Javier Mayor Pereira, MarÃa Lebón Real, Beatriz Turiel GarcÃa, SofÃa Marvizón Padilla e Iria Febrero Cadeñas, autores do videoxogo Kitty Witchy, que narra a historia dunha nena que debe afrontar a perda do seu gato Cosmo. A experiencia desenvólvese a través de quebracabezas, narrativa ambiental e cinemáticas en 3D que inclúen diálogos cos habitantes do bosque.
Tamén se recoñeceu o grupo co pseudónimo Mandril Estudios, da Coruña, por Alta Costura, unha proposta de acción en terceira persoa ambientada nun mundo de fantasÃa escura, onde unha boneca de trapo perde a súa caixa de voz e loita por recuperala.
Finalmente, o grupo Virtual Seed, de Arbo (Pontevedra), foi premiado por After Juice: Animal Disco Mafia, unha aventura gráfica en 3D ambientada nun universo animal no que o xogador encarna a Tofu, un hámster que, tras uns zumes, debe enfrontarse ao que lle depara a noite de Furrol.
A creación de videoxogos é unha das 16 especialidades incluÃdas na convocatoria do Xuventude Crea, que este ano mantén unha elevada participación, con arredor de 600 persoas inscritas.

- Tres videoxogos de A Coruña, Lugo e Arbo (Pontevedra) triunfaron no certame Xuventude Crea 2025
