UGREEN acelera a súa entrada no mercado dos NAS
venres, 7 de xuño do 2024
A proposta de UGREEN de solucións de almacenamento en rede (NAS) de boas prestacións cun prezo axustado tivo unha magnÃfica aceptación, até o punto de recibir o recoñecemento Best of Kickstarter ao ser o proxecto de Kickstarter que conseguiu máis popularidade e cartos en 2024 (superou os 6,6 millóns de dólares por parte de 13.285 patrocinadores), e aÃnda que esta nova liña de produtos non ter previsto chegar a ser un produto comercial até finais de ano (o hardware é solvente pero o seu sistema operativo aÃnda está en desenvolvento) está previsto que en xullo os máis impacientes poidan facerse cun destes dispositivos.
As novas unidades NAS de UGREEN chegaron actualmente só a patrocinadores en EE.UU. e Alemaña, pois a compañÃa só conta con servizo de atención ao cliente nestes territorios, buscando asà que o desenvolvemento de produto sexa prudente, para que o fabricante que moitos asocian a cables e adaptadores de corrente, poida facerse un oco nun mercado dominado por marcas como Synology e QNAP.
Os NAS de UGREEN actualmente ofrecen as prestacións básicas, como o emprego en rede de unidades RAID e a posibilidade de acelerar o acceso mediante caché SSD, e nas últimas semanas incorporaron o soporte de contedores Docker (o que permite, entre outras cousas, o uso de solucións como Plex) e máquinas virtuais, de xeito que, aparte dun almacenamento en rede, os usuarios poden gozar tamén de numerosas funcións de servidor.
Estes dispositivos, que tamén contan con funcións para a catalogación de fotografÃas e vÃdeo ou para a realización de copias de seguridade, xa teñen un calendario de actualizacións que atenden á demanda dos consumidores, como a compatibilidade con iSCSI, con servizos de almacenamento na nube (actualmente só soporta OneDrive), ou con cámaras de seguridade (para almacenar as súas gravacións).