Un estudio chinés anuncia o que semella un plaxio de Horizon Forbidden West
xoves, 28 de novembro do 2024
Tencent Games e Polaris Quest pretenden publicar un xogo que está a desenvolver Aurora Studio en China baixo o tÃtulo de Light of Motiram, que xa podemos engadir á nosa listaxe de desexos en Steam e na tenda de Epic Games, e que nunha primeira ollada resulta difÃcil de distinguir dos xogos da saga iniciada por Horizon Forbidden West.
As acusacións de plaxio son inevitables, pois o xogo chinés replicarÃa practicamente todos os elementos do xogo de Sony: un futuro postapocalÃptico, unha personaxe feminina nas súas imaxes promocionais e uns inimigos con forma de xigantescas bestas mecánicas, polo que será interesante ver se consegue ver a luz.
Light of Motiram pretende situarnos nunha terra no ano 2068 no que a civilización está desaparecida e a Terra está dominada por xigantescas bestas mecánicas mentres os humanos loitan por unha reconstrución.
Pero aÃnda que con ese argumento poderiamos falar dun clon da saga protagonizada por Aloy, poderiamos ter cambios dabondo para esquivar o plaxio e deixalo en simplemente unha inspiración, pois aÃnda que este futuro xogo vaia ter combates contra grandes monstros, non estamos ante unha aventura para un xogador, senón nun grande xogo de rol no que poden colaborar até 10 xogadores para superar desafÃos xuntos. Aparte da caza de monstros, tamén poderán domar e adestrar a máis dun cento de mecanimais, poderanse construÃr fortalezas, haberá que recoller recursos... e incluso estariamos ante un tÃtulo que chegarÃa baixo a fórmula do free to play, o que pode levarnos a pensar que se trata dun xogo carente de personalidade, que busca a polémica para captar a atención de millóns de xogadores replicando éxitos como o de Palworld, que causou sensación entre acusacións de plaxiar os xogos de Pokémon.
Tráiler de Light of Motiram