Un videoxogo para iOS rétanos a sortear os xabarís que invaden a USC
mércores, 15 de febreiro do 2017
Hai unha semana as redes sociais e os medios de comunicación
deron conta da presenza de xabarís no Campus Sur da Universidade de Santiago de
Compostela, probablemente procedentes do monte Pedroso, o que inspirou a Juan Gestal, desenvolvedor de aplicacións móbiles
e responsable da páxina web de videoxogos
Pixfans, a crear a toda presa un
videoxogo para iPhone e iPad titulado Xabaríns na USC, que pódese descargar
de balde da App Store.
O xogo é un runner no que un
estudante ten que ir camiño da Facultade de Física, saltando os porcos bravos
que xorden, mentres de fondo poden verse elementos icónicos de Santiago de
Compostela como a Catedral, as Dúas Marías, Valle-Inclán sentado nun banco, a
Cidade da Cultura ou unha das estatuas de peregrinos que poden verse no Monte
do Gozo.
- O xogo é un runner que presenta elementos característicos de Compostela ao fondo
- Imaxe de David Sánchez Rosende que fíxose viral a semana pasada ao amosar a un grupo de xabarís paseando polo Campus Sur