Vigo acolle unha xornada sobre xemelgos dixitais e ciberseguridade no marco do proxecto Twin NavAux
luns, 30 de xuño do 2025
O vindeiro dÃa 2 celebrarase en Vigo a xornada TecnoloxÃas avanzadas nun xemelgo dixital intelixente. Casos de éxito – Proxecto Twin NavAux, que contará coa intervención do recoñecido especialista en ciberseguridade Chema Alonso.
Chema Alonso, doutor en Seguridade Informática e embaixador honorÃfico da Universidade Politécnica de Madrid, achegará a súa visión sobre a importancia da ciberseguridade nun contexto crecente de integración entre o mundo fÃsico e dixital. Fundador de ElevenPaths e premiado durante 14 anos como MVP de Microsoft, foi recoñecido tamén pola Garda Civil coa Cruz ao Mérito con distintivo branco pola súa traxectoria no ámbito da seguridade informática.
O encontro será inaugurado polo director xeral de Planificación e Minas, Pablo Fernández Vila, e reunirá un destacado número de empresas galegas e portuguesas, que compartirán os proxectos de xemelgo dixital que están a desenvolver, ilustrando a aplicación real destas tecnoloxÃas no sector industrial.
A mesa redonda da mañá estará centrada nas tecnoloxÃas asociadas a estes xemelgos, como a simulación, o big data, a intelixencia artificial, o machine learning, os contornos cloud ou a Internet das Cousas (IoT), todas elas claves para dotar de intelixencia e conectividade aos sistemas software que replican equipos fÃsicos reais.
O proxecto Twin NavAux, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VA España–Portugal (POCTEP), ten como finalidade promover o uso dos xemelgos dixitais na industria auxiliar naval de Galicia e do Norte de Portugal. O seu obxectivo principal é sentar unha base tecnolóxica e definir as condicións de formación necesarias para favorecer a implantación xeneralizada de xemelgos dixitais de produtos, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorrexión.
