
Para Canedo, Vigiliam é un proxecto que aproveita as características das redes sociais e profesionais para conectar empresas e crear sinerxías entre elas. Trátase, pois, dunha rede empresarial, na que, ademais, os usuarios poden mostrar os seus produtos e servizos e coñecer o que ofrecen outros.

Trátase de aplicacións e ferramentas que permiten aos membros da rede acceder de forma gratuíta a diversos servizos especializados polos que, normalmente, hai que pagar. Así, unha PEME ou autónomo que acceda a estas ferramentas e aplicacións pode aforrar ata 10.000 euros ao cabo do ano.
Deste xeito, a rede empresarial pon a disposición dos seus usuarios ferramentas financeiras (test de acceso a financiamento, valoración de empresas, comparativo de empresas, mercado de créditos); ferramentas comerciais (basee de datos de obras, medicións, relación de empresas gacela, base de datos de empresas de nova creación, información de boletíns oficiais e información de concursos públicos); ferramentas xurídicas (modelos de contratos e formularios); ferramentas de formación (amplo catálogo de cursos en liña a distancia) e ferramentas de comunicación (servizo de envío de notas de prensa).
Entre as aplicacións máis destacadas que ofrece Vigiliam, destaca a de Sinergias que permite ás PEME e autónomos que utilicen a plataforma coñecer que usuarios integrados na propia rede son máis afíns para establecer relacións comerciais. Paralelamente, ofrécese un espazo en liña no que as empresas poden publicar anuncios en aberto e ofrecer e demandar produtos/servizos concretos. Trátase da sección Mercado. Xunto a isto, Vigiliam traballa no desenvolvemento dunha aplicación que permitirá o envío de promocións e campañas publicitarias especializadas aos seus usuarios e nun servizo de asesoría individualizada aos membros da rede en diferentes ámbitos de interese para as súas empresas (financeiro, comercial ou xurídico, entre outros).
Este proxecto ten carácter galego, pero vocación internacional, partindo dun investimento de 200.000 euros para a súa posta en marcha.
Vigiliam proponse como unha plataforma en liña para PEME e autónomos
Compartir Este Artigo

