Western Digital estrea tarxetas de expansión para Xbox Series X|S
martes, 6 de xuño do 2023
Mentres que para
ampliar o almacenamento interno dunha PlayStation 5 é preciso abrir
a consola e instalar unha unidade SSD de certas caracterÃsticas no seu interior,
dende Microsoft quixeron que o proceso para facer tal nas Xbox Series X|S fose
máis sinxelo, polo que as consolas contan un porto de expansión no que pode
instalarse unha tarxeta de almacenamento de alta velocidade, que até o momento
tiña como grande fabricante a Seagate, compañÃa que comercializa unidades en
tamaños de 512 GB, 1 TB e 2 TB, a uns prezos bastante elevados, de aà que sexan
moi benvida a chegada da competencia da man de Western Digital.
Agora podemos facernos cunha tarxeta
de expansión d WD_Black C50 de 500 GB ou de
1 TB a un prezo de 99,99
euros e 149,99
euros, cando actualmente en MediaMarkt podemos atopar os modelos equivalentes
de Seagate a 175 e 199 euros respectivamente, ou sexa, que agora hai unha
guerra de prezos que pode resultar moi beneficiosa para os consumidores.
Se ben a opción escollida por Sony resulta bastante máis económica, xa que o
mercado das unidades SSD normalizou os seus prezos (tras uns anos bastante
revoltos), non faltará quen prefira unha opción tan doada como a de Xbox (simplemente
pinchar a tarxeta na consola), principalmente porque é de esperar que os
xogadores de consola non teñan que realizar intervencións no seu hardware do mesmo
xeito que serÃa de esperar en xogadores de PC.