WhatsApp anuncia que terá canles
xoves, 8 de xuño do 2023
WhatsApp está a preparar unha nova funcionalidade, as
chamadas canles, que permitirá dun xeito sinxelo, fiable e privado recibir novidades
importantes de persoas e organizacións a través da aplicación de mensaxerÃa instantánea,
e que poderán
seguirse dentro dunha nova pestana na aplicación que se chamará Novidades,
de xeito que este tipo de comunicacións poderanse diferenciar claramente dos
chats con amigos e familiares e das comunidades.
As canles de WhatsApp son ferramentas de transmisión unidireccional para que os
administradores das mesmas envÃen textos, fotografÃas, vÃdeos, adhesivos e
enquisas. Estas canles estarán dispoñibles para a subscrición a través dun
directorio dentro de WhatsApp (agás que o administrador prefira manter a canle
en privado), aÃnda que tamén poderá accederse ás mesmas a través dunha ligazón
que pode compartirse ou publicarse en liña.
O interesante deste novo xeito de difundir información a través de WhatsApp é a
protección da información persoal, xa que o número de teléfono e a foto de
perfil do administrador da canle non se amosarán aos seareiros, e as persoas que
se unan a unha canle tampouco compartirán o número de teléfono co administrador
nin co resto de seareiros.
A información publicada nas canles manterase nos servidores de WhatsApp durante
30 dÃas como máximo, e engadirán xeitos de que as novidades desaparezan aÃnda
máis rápido nos dispositivos dos seareiros. As funcións de captura de pantalla e
reenvÃo de contido dende as canles tamén poderán limitarse por parte do seu
administrador.
Dende WhatsApp explorarán a posibilidade de construÃr negocios en torno ás
canles.