WhatsApp beta estrea soporte para reloxos conectados
martes, 9 de maio do 2023
Agora que é
posible instalar a
mesma conta de WhatsApp en varios móbiles grazas á función multidispositivo,
chega á última versión de proba de WhatsApp para Android unha funcionalidade demandada
dende hai moitos anos, e que poderÃa contribuÃr a unha maior demanda dos
reloxos conectados: a
compatibilidade con Wear OS.
Temos asà que, de instalar a beta 2.23.10.10 de WhatsApp en Android podemos
tamén gozar da aplicación no noso reloxo con Wear OS (como, por exemplo, o Samsung
Galaxy Watch5 ou o Pixel Watch), facilitando asà o acceso ás nosas conversas e
mensaxes (tanto de texto como de voz) con independencia do noso teléfono, e non
limitándose a atender a notificacións como até agora.
Cando se incorpora a nova versión de WhatsApp ao noso reloxo será preciso
introducir na aplicación principal un código de 8 dÃxitos que aparecerá na
pantalla do smartwatch, o que vinculará a conta co reloxo de pulso, e asÃ
poderase acceder a WhatsApp dende o reloxo con independencia do móbil, o que
resulta especialmente práctico para usuarios que teñen reloxos con LTE (ou
conectados a través de Wi-Fi).
Polo momento esta aplicación limita as súas funcionalidades a mensaxes de texto
e voz, carecendo de soporte para a reprodución de vÃdeo ou a realización de
chamadas, elementos que poderÃan chegar no futuro, pois non podemos esquecer
que estamos ante a primeira versión de WhatsApp compatible con reloxos.
Espérase que no futuro chegue tamén esta funcionalidade a WhatsApp Business, e
queda por ver se o Apple Watch tamén poderá gozar desta demandada prestación.