É posible instalar a mesma conta de WhatsApp en varios móbiles
martes, 25 de abril do 2023
WhatsApp anunciou
hoxe a apertura
a todos os usuarios da función multidispositivo, que permite empregar a
mesma conta de WhatsApp en varios teléfonos mantendo o mesmo nivel de
privacidade e seguridade.
A función leva varios meses en probas, e permite que poidamos ligar o noso WhatsApp
até a 3 dispositivos adicionais do mesmo xeito de como se ligaría un navegador
web ou un ordenador persoal. Esta vinculación de dispositivos permite que,
aínda que o teléfono principal estea apagado, o resto de dispositivos poidan
seguir a enviar e recibir mensaxes.
Esta funcionalidade tamén se aplica a WhatsApp Business, de xeito que varios
traballadores dunha empresa poderían instalar a conta de WhatsApp profesional
nos seus propios dispositivos.
Dende WhatsApp salientan que que preparan formas alternativas e máis accesibles
de vencellar outros dispositivos.