Xbox Cloud Gaming permitirá correr os xogos comprados
luns, 25 de novembro do 2024
Xbox anunciou que os membros de Game Pass Ultimate poden retransmitir determinados xogos da súa propiedade a través da nube dende os dispositivos compatibles con Xbox Cloud Gaming (Beta) como televisores, navegadores web, smartphones, ordenadores e tabletas, quedando esta funcionalidade para consolas Xbox e a aplicación Xbox para PC Windows para o ano que vén.
Deste xeito non só poderemos gozar en streaming dos xogos que ofrece o servizo, senón tamén dos que teñamos adquirido en dixital, facendo asà cada vez máis real a posibilidade gozar da experiencia dunha consola de videoxogos sen ter que contar co hardware en si mesmo.
Cómpre salientar que polo momento non se pode xogar a calquera tÃtulo de Xbox mediante streaming, senón que o catálogo de xogos irá incrementándose paulatinamente, estando dispoñible polo momento algo máis de medio cento entre os que figuran Warhammer 40,000: Space Marine 2, NBA 2K25, Baldur’s Gate 3, The Witcher 3: Wild Hunt, Animal Well, Balatro, Farming Simulator 25, Dragon Quest III HD-2D Remake e moitos máis.