Xbox Game Pass chegará a PC
xoves, 30 de maio do 2019
En 2017
Microsoft revolucionaba
o mercado dos videoxogos co seus servizo de subscrición de vÃdeoxogos Xbox Game
Pass, que por 9,99 euros/mes permite gozar dun catálogo de máis dun cento
de xogos para Xbox One, pero este servizo non vai quedar aÃ, e veñen de
anunciar que na feira E3, concretamente na presentación que realizarán o 9 de
xuño, detallarán
o que será a chegada deste servizo ao PC.
O Xbox Game Pass para PC tamén achegará máis dun cento de xogos para Windows 10
de compañÃas como Bethesda, Deep Silver, Devolver Digital, Paradox Interactive
o SEGA, sendo a meirande dos tÃtulos de fondo de catálogo, agás os dos estudios
de Microsoft, que procurarán chegar directamente no dÃa do seu lanzamento a
este servizo de subscrición que tamén recompensarÃa aos seus usuarios con descontos
do 20% en xogos e do 10% en contidos descargables.
Entre as intencións de Microsoft está que os novos xogos dos seus estudios
poidan gozar do xogo cruzado en consola, de xeito que os usuarios de Xbox One e
Windows 10 poidan interactuar durante as súas partidas en liña, achegando a
ordenadores persoais unha experiencia de uso que en consolas conseguiu madurar
moito nos últimos anos.