Xbox dá a coñecer as súas grandes novidades
luns, 10 de xuño do 2024
A desaparición da feira E3, empregada tradicionalmente para grandes anuncios do sector dos videoxogos antes do verán, non impide que as compañÃas do sector organicen as súas presentacións nesta época do ano, e durante este domingo Microsoft fixo o propio co Xbox Games Showcase 2024, no que concentraron numerosas novidades de Activision, Bethesda, Blizzard, Xbox Game Studios e outras compañÃas relacionadas coa Xbox.
Entre os moitos anuncios realizados podemos destacar que en 2025 teremos unha nova entrega da franquÃa Doom, titulada Doom: The Dark Ages, que non só chegará a Xbox e PC, senón que sorprendeu adiantando que contará con versión para PlayStation 5.
Outra franquÃa importante de Xbox, a de Gears of War, tamén anuncia unha nova entrega, Gears of War: E-Day¸ que estará ambientada 14 anos do primeiro xogo da saga. O xogo está a desenvolverse empregando Unreal Engine 5, polo que suporá un salto gráfico impresionante, e explorará o horror da invasión Locust a través dos ollos de Marcus Fenix.
O 19 de novembro quedará marcada como unha data importante, xa que será cando verá a luz o Microsoft Flight Simulator 2024, que continuará a evolucionar a experiencia deste completo simulador de voo para PC e Xbox, que incluso pode gozarse tirando da potencia da nube, facilitando asà unha experiencia de auténtico luxo incluso a quen teña un equipo tecnicamente modesto.
Non menos importante é que no Xbox Games Showcase deixasen ver a xogabilidade de Perfect Dark, o remake dun clásico de Rare para Nintendo 64 lanzado no ano 2000 e que en 2010 remasterizárase para Xbox 360. The Initiative encárgase desta nova creación que promete ser un grande xogo do que aÃnda non ten previsión de data de lanzamento.
O evento de Microsoft serviu para que outras compañÃas amosasen algúns dos seus vindeiros lanzamentos, como Assassin’s Creed Shadows, Atomfall, Expedition 33, Dragon Age: La Guardia del Velo¸ Flintlock: The Siege of Dawn, FragPunk, Life Is Strange: Double Exposure, Mecha Break, Metal Gear Solid Δ: Snake Eater, Mixtape: Nothing but the hits, S.T.A.L.K.E.R. 2, Winter Burrow e Wuchang: Fallen Feathers, aÃnda que a cousas non quedou aÃ, e tamén se aproveitou para dar conta de novidades en hardware, como é a renovación do catálogo de consolas Xbox de cara á campaña de Nadal.
AÃnda non se detallaron as datas de lanzamento, pero xa sabemos que as novas consolas serán unha Xbox Series S en cor branca cunha capacidade de almacenamento de 1 TB (que custará 349,99 euros), unha Xbox Series X de cor negra con 2 TB de almacenamento (cun prezo oficial de 649,99 euros) e, como novidade máis salientable, unha Xbox Series X en cor branca con 1 TB de almacenamento e sen unidade de disco (que terá un prezo de 499,99 euros), o que supón un paso máis cara á desaparición dos xogos en formato fÃsico.
VÃdeo que resume os xogos presentados no Xbox Games Showcase 2024