Xiaomi prepara o seu primeiro smartwatch
martes, 29 de outubro do 2019
No verán puidemos ver como vÃa a luz o
reloxo conectado Amazfit GTS, claramente inspirado no Apple Watch, e vese que
Xiaomi quere camiñar na mesma dirección, e o
5 de novembro ten previsto lanzar o Mi Watch, o primeiro smartwatch da
compañÃa chinesa que até o momento conseguiu grande éxito coas pulseiras
deportivas Mi Band, e que poderÃan ter aquà un novo supervendas.
O Mi Watch terÃa un formato cadrado, unha coroa lateral acompañada por outro
botón no mesmo lado, e incorporarÃa Wi-Fi, GPS e NFC, á vez que tamén indican
que serÃa compatible con eSIM, ou sexa, que servirÃa para facer chamadas
telefónicas incluso se estamos afastados do smartphone, polo que, se o seu
prezo é o suficientemente axustado, poderÃa converterse no primeiro smartwatch
con conectividade móbil en conseguir vendas masivas nos mercados nos que Xiaomi
está presente.
Mi Note 10
Xiaomi tamén está a anticipar que o Mi Note 10 será un
dispositivo revolucionario, que chegará ao mercado
cunha penta-cámara de 108 MpÃxeles, ou sexa, que en breve teremos unha
versión global do Xiaomi CC9 Pro, móbil chinés con zoom óptico de 5x (hÃbrido
de 10x e dixital de 50x) na súa cámara telefoto, 12 MpÃxeles no seu sensor de
profundidade (para retratos), 108 MpÃxeles e apertura f/1.7 na súa cámara
principal, 20 MpÃxeles na súa cámara de ultra grande angular e incluso cunha
quinta cámara para fotografÃas tipo macro (capaz de enfocar a só 1,5 centÃmetros
de distancia).
Este novo teléfono terÃa un grosor de 9,67 milÃmetros, un peso de 208 gramos,
unha baterÃa de 5.170 mAh e pantalla OLED Full HD+ de 6,47 polgadas con lector
de pegadas integrado, que promete ser un dos referentes no mercado durante os
vindeiros meses.