Xiaomi presenta novos produtos que pronto chegarán a España
martes, 5 de novembro do 2019
Xiaomi presentou hoxe tres dos seus grandes produtos para os
vindeiros meses, polo momento nas súas versións chinesas, aÃnda que esperándose
que en breve cheguen tamén a outros mercados. O produto máis esperado era o Mi
CC9 Pro, smartphone que chegará
ao mercado internacional co nome de Mi Note 10, e que será o primeiro
teléfono de produción masiva cunha cámara de 108 MpÃxeles, que presume de
estabilización óptica, tecnoloxÃa Super Pixel e redución de ruÃdo, que promete
fotografÃas moi ricas en detalles incluso en condicións de pouca luz.
Este novo teléfono chega cun total de 5 obxectivos traseiros, ou sexa, que
aparte da cámara principal de 108 MpÃxeles tamén conta cun teleobxectivo de 12
MpÃxeles (con soporte de zoom óptico 2x) e outro de 5 MpÃxeles (con zoom dixital
de 10x), ultra grande angular de 20 MpÃxeles e cámara de 2 MpÃxeles para
fotografÃas tipo macro (capaz de enfocar a só 1,5 centÃmetros de distancia).
Tamén contará cunha Premium Edition que mellora o obxectivo incorporado
ao sensor de 108 MpÃxeles, o que permÃtelle
situarse nas primeiras posicións de DxOMark cunha puntuación de 121, empatando
co Huawei Mate 30 Pro (actual lÃder en cámaras traseiras en móbiles con
Android). Dende DxOMark tamén aseguran que o Mi CC9 Pro Premium Edition ten a
mellor puntuación rexistrada até o momento en gravación de vÃdeo (102)
superando ao Google Pixel 4 e ao Samsung Galaxy Note 10+ 5G.
O Mi CC9 Pro tamén pode presumir dunha pantalla curva Full HD de 6,47 polgadas
e unha xenerosa baterÃa de 5.260 mAh que pode cargarse ao 100% en só 65 minutos
grazas á carga rápida de 30 watts.
Este novo teléfono chegará
o 11 de novembro ao mercado chinés, a un prezo de 2.799 iuans (361 euros)
para o seu modelo normal (con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento) e de 3.499
iuans (451 euros) para o seu modelo Premium (con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento), estando dispoñible en tres cores distintas (verde, negro e branco).
Prevese que a presentación
do modelo internacional, o Mi Note 10, teña lugar en España mañá mesmo,
demostrando a importancia que para Xiaomi ten o mercado español.
O primeiro smartwatch de Xiaomi
Pero máis curiosidade espertou o Mi Watch, por seres o
primeiro reloxo conectado de Xiaomi, considerado un plaxio descarado do Apple
Watch tanto polo seu formato de pantalla cadrado como pola súa interface de
uso. Este Mi Watch ten unha pantalla AMOLED de 1,78 polgadas cunha resolución
de 326 puntos por polgada, funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon Wear
3100 e integra altofalantes, NFC, Wi-Fi, Bluetooth, monitor cardÃaco e incluso
conectividade móbil, xa que este reloxo inclúe soporte de eSIM (ou sexa, que
non competirÃa do Apple Watch básico, senón coa súa versión con 4G, que ten un
prezo de venda de a partires de 549 euros).
O Mi Watch busca ser un bo acompañante para a práctica deportiva, de xeito que
conta con 10 modos deportivos (como correr, andar en bicicleta, nadar ou escalar)
para facer un seguimento das actividades fÃsicas. Tamén permite analizar a
calidade do sono.
A nivel de software estamos ante un produto que a China chegará con MIUI For
Watch, sistema operativo con máis dun cento de esferas seleccionables e máis de
40 aplicacións dispoñibles, que pode controlarse tamén mediante voz cun
asistente de Xiaomi que facilita asà o manexo da música, das chamadas
telefónicas e da navegación. Tamén busca integrarse coas solucións domóticas de
Xiaomi.
Para usuarios máis esixentes, Xiaomi porá á venda 30.000 unidades dunha Special
Edition que destaca polo cristal de zafiro azul na súa pantalla, incluÃndo
tamén un cargador magnético na caixa.
O Mi Watch sae hoxe á venda en
cor prata ou negra a un prezo de 1.999 iuans (258 euros), mentres que a Special
Edition custará 2.999 iuans (386 euros) e poderase reservar a partires de
mediados de decembro.
Novos televisores
Dende hai anos Xiaomi está a fabricar televisores que non saÃan
dos mercados asiáticos, pero nos últimos meses comezaron a integrar sintonizadores
de TDT compatibles con estándares europeos, polo que é moi probable que en
breve vexamos televisores de Xiaomi nas nosas tendas de xeito oficial (de
importación xa están dispoñibles), de aà que resulte interesante a presentación
do novo Mi TV 5, un televisor cun marco de só 1,8 milÃmetros e un corpo cun
grosor de só 5,9 milÃmetros, de xeito que temos un produto cunha aparencia
futurista que encaixa á perfección nos fogares máis modernos.
A familia de televisores Mi TV 5 funciona con potentes procesadores Amlogic
T972 de 12 nm, capaces de procesar vÃdeo a 8K, e que chegarán ao mercado con 3
GB de RAM e 32 GB de almacenamento na súa versión normal e con 4 GB de RAM e 64
GB de almacenamento na súa versión Pro (que tamén incluirá paneis quantum
dot 4K con HDR10+).
Todos os televisores Mi TV 5 integran tecnoloxÃa de recoñecemento de voz a
distancia, ou sexa, que poden manexarse coa voz sen a necesidade de integrar un
micrófono no mando a distancia (como fan outras marcas).
Os televisores Mi TV 5 venderanse en tamaños de 55, 65 e 75 polgadas a 2.999,
3.999 e 7.999 iuans respectivamente (386, 515 e 1.030 euros), mentres que os
modelos Mi TV 5 Pro custarán 3.699, 4.999 e 9.999 iuans (477, 644 e 1.288 euros)
nos mesmos tamaños, deixando claro que Xiaomi no mercado dos televisores non ten
as marxes tan axustadas coma no dos smartphones, o que claramente dificulta a
súa internacionalición con este tipo de produtos (xa que os fabricantes
surcoreanos conseguen ser máis competitivos).