iVoox deixará de contar con licenza da SGAE a partires de marzo

martes, 12 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

A publicación de podcast en España cotaba dende 2012 cunha grande facilidade, xa que a plataforma de publicación iVoox contaba cunha licenza coa SGAE, de xeito que os programas publicados podían facer uso de música comercial sen ter que pagar os seus autores unha licenza específica, pero actualmente a SGAE está a revisar o seu marco de licenzas para adaptalo aos novos modelos de licenzas das principais sociedades de autor europeas, o que fai que a partires do 1 de marzo iVoox deixe de ter licenza da SGAE (aínda que os contidos publicados con anterioridade seguirá cubertos).
Deste xeito, os autores que publiquen podcasts en España xa non poderán escudarse na licenza da SGAE subscrita por iVoox, de xeito que, se queren facer uso de música comercial terán que adquirir a licenza correspondente pola súa conta.
Dende iVoox están a explorar alternativas para facilitar unha publicación cómoda, segura e viable de podcasts que fagan uso de música, entre as que figura a incorporación do catálogo de Epidemic Sound dentro dos plans de publicación Pro.

PUBLICIDADE