Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A innovación é unha constante na metade das empresas tecnolóxicas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A innovación é unha constante na metade das empresas tecnolóxicas galegas

S. P.
Publicado: 26/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador_portatil-3.jpgO observatorio OSIMGA, dependente da axencia autonómica AMTEGA, presentou un novo e alentador informe sobre a relación que teñen as empresas galega coa pulo innovador: unha relación que vai a máis e que é obxecto, con cada ano que pasa, de maiores e máis excelentes esforzos. No informe, debullado polo OSIMGA e realizado polo Instituto Nacional de Estatística, faise saber que o 48,9% das empresas tecnolóxicas de Galicia con 10 ou máis persoas empregadas realizaron actividades innovadoras no período 2018-2020. No conxunto do tecido empresarial, a porcentaxe de empresas innovadoras foi dun 22,5%.
No estudo indícase que entre as empresas do Hipersector TIC que realizaron innovacións, no 89,1% dos casos eran innovacións tecnolóxicas de produto e o 91,5% innovacións tecnolóxicas de proceso. Amais, infórmase de que oo gasto en innovación en Galicia do Hipersector TIC ascendeu neste período a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna. Por outra banda, o 34,7% das empresas do Hipersector TIC innovadoras declaran que as súas actividades innovadoras tiveron impacto na cifra de negocios, das cales, o 9,6% son innovacións no mercado e o 25,1% só para a propia empresa.
Estes datos foron recollidos nos estudos Galicia dixital. O Hipersector TIC en Galicia e Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia, publicados polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Neles indícase que en 2021 o 70% das empresas tecnolóxicas galegas que realizaron actividades de I+D+i obtivo “resultados comercializables”, o que supón un incremento do 2,5% respecto ao ano anterior. Tamén se fai saber que “por actividade”, as empresas que realizaron máis iniciativas de I+D+i son as pertencentes ao subsector das Manufactureiras TIC cun 50%, seguidas das empresas dedicadas a Actividades Informáticas, cun 36%.
Tamén se incrementa a porcentaxe de empresas do sector TIC galego que nos tres últimos anos introduciron produtos novos ou mellorados no mercado, pasando dun 28% a un 34,4%. O aumento esténdese aos servizo novos ou mellorados producidos polas tecnolóxicas galegas, dun 38,4% a un 42,8%.
Fenda profesional
O OSIMGA, porén, tamén reflicte que en 2021 segue predominando a presenza masculina nas tarefas de I+D+i das empresas tecnolóxicas, xa que existen catro homes por cada muller nese departamento. As mulleres representan o 19% dos empregados en I+D+i fronte a un 81% de homes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?