Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova alianza tecnolóxica a prol dunha sociedade inclusiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova alianza tecnolóxica a prol dunha sociedade inclusiva

Redacción
Publicado: 27/07/2022
1 Min de Lectura
Compartir
1 Min de Lectura

dsc01377.jpgA Rede Galega de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva presentouse esta mañá no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC (CITIC). A finalidade deste grupo de traballo interdisciplinar, promovido por axentes científicos como o propio CITIC, colexios profesionais como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e máis de dez entidades galegas do terceiro sector, é poñer as TIC ó servizo de persoas maiores e con discapacidade para mellorar a súa calidade de vida. A Rede, aberta a calquera iniciativa que aporte valor engadido no ámbito das TIC, encargarase de desenvolver proxectos tecnolóxicos innovadores e inclusivos.
O acto de presentación tivo lugar esta mañá no CITIC da UDC e contou coa asistencia de diferentes representantes dos axentes promotores da Rede de I+D+i, e institucionais como o Reitor da UDC, Julio Abalde; e o director xeral de Maiores e Atención Socio-sanitaria da Xunta de Galicia, Antonio Acevedo.

Contidos
  • Colaboración institucional
  • As TIC ao servizo das persoas para mellorar a súa calidade de vida
  • A realidade tecnolóxica en Galicia
  • Entidades participantes

Colaboración institucional

O Reitor destacou o carácter “inclusivo e aberto desta rede.
Unha proposta de país, integradora, na que a universidade aporta o coñecemento
e o desenvolvemento ao servizo de aqueles sectores que teñen más dificultades
para acceder ás tecnoloxías”. Neste
senso, Julio Abalde salientou a
necesidade de que as “TIC sexan facilitadoras da vida das persoas e, sobre
todo, que se garanta a igualdade de oportunidades no seu acceso para toda a sociedade,
en especial para aqueles sectores que teñen dificultades para incorporarse a
elas”. Un traballo, dixo o reitor, que debe implicar tamén ao sector
empresarial e as administracións e, neste senso, agradeceu o apoio da Xunta a
través da Consellería de Política Social.


Precisamente, o director xeral de Maiores e Atención
Sociosanitaria, Antonio Acevedo, destacou “o noso apoio máximo para colaborar
dende xa nesta proposta” e felicitou ao CITC da UDC pola posta en marcha da
rede e “pola gran capacidade de convocatoria” para o impulso da rede que aposta
“polo potencial das TIC para mellorar a inclusión”.


Pola súa banda, o
director-xerente de ASPACE Coruña, Ricardo Iglesias , salientou o feito de que
a pesar de ser un grupo de traballo “que nos coñecemos moi ben, esta é a
primeira vez que nos unimos para crear unha rede de coñecemento no ámbito das
TIC” e engadiu a importancia das
tecnoloxías “para mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e tamén para
conseguir unha sociedade máis humanitaria, igualitaria e inclusiva”.


Así mesmo, María del
Carmen Colmeiro, presidenta de Cruz Roja Galicia, resaltou o “valor engadido do
traballo colaborativo e a aposta das tecnoloxías para mellora a calidade de
vida das persoas maiores”.

As TIC ao servizo das persoas para mellorar a súa
calidade de vida

O potencial das Tecnoloxías da Información e das
Comunicacións (TIC) é incuestionable na mellora da vida das persoas en
diferentes ámbitos como o da saúde, a
educación, o equilibrio económico, a
accesibilidade ou a integración tecnolóxica inter-xeracional.

A visión desta Rede é converterse nun espazo de referencia a
nivel autonómico e nacional que permita desenvolver proxectos que teñan como
base a aplicación do TIC, avaliar tecnoloxías e ofrecer unha serie de
infraestruturas singulares que permitan desenvolver proxectos ambiciosos que,
de forma individual para unha entidade, sexa complicado. Por exemplo, dispor de
infraestruturas de realidade virtual e realidade aumentada, desenvolvemento de
escenarios e contornas compartidas por usuarios de diferentes entidades,
espazos domotizados e integrados con diferentes asistentes de voz, tecnoloxía
móbil e sensorización para avaliar a súa accesibilidade e aplicabilidade en
función das capacidades de cada usuario, estudos ou capacidades de
desenvolvemento e cómputo para novos modelos de intelixencia artificial para a
adaptación da contorna.

Robótica, alfabetización dixital, impresión 3D ou espazo
marker son algúns dos ámbitos de traballo que conflúen nesta Rede con selo
galego que busca aliñarse con proxectos europeos englobados no Pilar Europeo de
Dereitos Sociais ou no Horizonte Europa, o principal programa de financiamento
para investigación singular, que prioriza proxectos innovadores a diferente
escala.

A realidade tecnolóxica en Galicia

Durante a presentación, o director do CITIC, Manuel G.
Penedo, referiuse ao “obxectivo de acadar un mapa tecnolóxico galego inclusivo”
con este grupo de traballo, pensado para que os seus destinatarios melloren a
súa calidade de vida en todas as súas facetas grazas ás TIC, desde a saúde e a
autonomía persoal, ata a das relacións sociais”, sinalou Penedo.

Entidades participantes

Máis de dez entidades do terceiro sector de Galicia, xunto
con socios científicos e colexios profesionais, constitúen a Rede Galega de
I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva. Os promotores
sinalaron o carácter aberto e dinámico da Rede, “con vocación de medrar
permanentemente” e asinaron un manifesto que recolle os principais obxectivos e
ámbitos de actuación deste grupo que conta tamén co apoio institucional da
Xunta de Galicia.

Cruz Vermella, COGAMI, FADEMGA, ASPACE, ASPANES, ASEM Galicia,
FEGADACE, FEGERE, TADEGA, CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en
Informática de Galicia), CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da
información e as Comunicacións), ASPRONAGA, ADACECO, SARELA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?