Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo levou a súa fibra óptica á metade dos concellos de Lugo dende 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo levou a súa fibra óptica á metade dos concellos de Lugo dende 2018

S. P.
Publicado: 27/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Reunión mantida entre David Llano, Isabel Rodríguez e José Tomé
Reunión mantida entre David Llano, Isabel Rodríguez e José Tomé
A operadora Adamo vén de facer un balance da súa actividade en Lugo para dotar aos concellos de fibra óptica ata o fogar e Internet ultrarrápida. Segundo fixo saber, máis da metade dos municipios da provincia recibiron cobertura de Adamo ao longo do últimos catro anos e medio. En concreto, 35 dos 67 municipios da provincia pasaron a gozar desta tecnoloxía FTTH (siglas en inglés de fibra ata o foagar) da man de Adamo entre 2018 e mediados de 2022. Por citar algúns exemplos, o operador de telecomunicacións ten a súa infraestrutura funcionando en Pol, Castro de Rei, A Pastoriza, A Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, Xove, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro ou Foz, entre outros.
Máis de 70.000 fogares de Lugo
En total, a compañía levou o sinal de Internet (que a operadora cualifica como “o máis veloz que existe hoxe no mercado, con 1.000 Mb”) a máis de 70.000 vivendas deses 35 concellos lucenses no citado período. Para sufragar este labor, Adamo investiu 20 millóns de euros na provincia (fronte aos 5,8 millóns que recibiu en subvencións para expandir a fibra), así como fixo posible a contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos: enxeñaría, despregadura,, mantemento e comercialización.
Co presidente da Deputación e a subdelegada do Goberno
Sobre estes datos trataron a semana pasada o presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, e David Llano, responsable de Adamo en Galicia, quen lles deu detalles sobre o novo equipamento e das operacións previstas para o terceiro e o cuarto trimestre. Por exemplo, o comezo das obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 7 concellos lucenses: Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto.
A finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas
Adamo proporcionará Internet de alta velocidade a outros 10.000 fogares da provincia de Lugo para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios conectados antes de que conclúa 2022.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?