A presenza corporativa na Internet centra un curso que terá lugar en Compostela
mércores 14 de setembro do 2011, por |
Ante as novas oportunidades de negocio que están a
abrir a empresas e profesionais as TIC e o descoñecemento de como aproveitar
estas tecnoloxías para desenvolver unha correcta estratexia dixital, organizan
no Centro de Negocios Compostela Norte (sito na rúa de Xosé Chao Rego 8, baixo
de Santiago de Compostela) un curso de 6 sesións de 3,5 horas cada unha baixo o
título Presencia en Internet y
redes sociales. Estrategia digital para mi negocio.
Esta iniciativa parte do consultor en comunicación e marketing en liña Javier
Rocamora, quen xuntou a
distintos profesionais (Rubén Bastón,
Francesc
Pumarola, Víctor
Salgado e David
Serantes) para completar un atractivo programa para os que queiran introducirse
na materia cun enfoque práctico e construtivo.
O programa deste curso que
ten un custo para os asistentes de 250 euros é o seguinte:
· SESIÓN 1: 30 DE SETEMBRO
Como
deseñar unha estratexia en liña para o meu negocio?
Relator:
Javier Rocamora
- Presentación e introdución. Por que estamos en
internet? Mitos e realidades.
- Fundamentos de planificación estratéxica. Como
planificar a nosa presenza en internet.
- O plan de mercadotecnia en liña. Definindo
obxectivos.
- Elementos da nosa presenza en liña: Web, blog,
redes sociais, publicidade e mercadotecnia en liña.
· SESIÓN 2: 7 DE OUTUBRO
Presenza
en redes sociais
Relator: Javier Rocamora
- En que redes sociais me interesa estar?
Características e utilidade de cada unha.
- Como utilizar as redes sociais para atraer
clientes.
- Como empezar a vender a través de internet.
- Como aproveitar Twitter para a miña empresa.
- Como aproveitar Facebook para a miña empresa.
- Outras redes sociais: LinkedIn, Google+, Tuenti,
Youtube, Foursquare...
- Outras formas de uso das redes sociais:
Crowdsourcing, estudos de Mercado, atención ao cliente...
- Quen e como debe xestionar a miña presenza en redes
sociais. O papel do community manager e outras novas profesións.
· SESIÓN
3: 14 DE OUTUBRO
A web como elemento central da presenza
en liña
Relator:
Francesc Pumarola
- Pautas de deseño/redeseñar de web de empresa.
- Que é e como funciona unha landing page?
- O blog como ferramenta de apoio á presenza en liña.
- Como funciona Google?
- Como escribir para Google.
- Como saír nas primeiras posicións?
- Pautas para mellorar o rendemento da web: Como
conseguir visitas útiles.
· SESIÓN 4: 21 DE OUTUBRO
Aspectos
legais da presenza en internet e a mercadotecnia en liña
Relator:
Víctor Salgado
- Co¡mo débense protexer os datos persoais?
- Que¡ obrigas debo cumprir se teño unha páxina ou
perfil comercial en Internet?
- Co¡mo protexo o meu nome ou marca na Rede?
- Co¡mo protéxome nas Redes Sociais?
- Defensa da reputación en liña.
- -A quen pertence o que subimos a internet?
- -Xestión da privacidade.
- -A LSSI e a LOPD. Como afectan á mercadotecnia en
liña.
- -A propiedade intelectual en internet. Tipos de
licenzas.
· SESIÓN 5: 27 DE OUTUBRO (Xoves)
Publicidade
en internet. Xestión da reputación en liña.
Relator:
Rubén Bastón
- Ferramentas para deseñar e controlar unha campaña
de publicidade en liña.
- Elementos que configuran a reputación en liña.
- O que se pode e non se pode facer en redes sociais.
- Como xestionar a reputación en liña.
- Como afrontar unha crise de reputación.
- Casos prácticos de crise de reputación.
- Como medir o ROI das accións en liña.
· SESIÓN 6: 4 DE NOVEMBRO
Ferramentas de medición e monitorización da presenza en liña. Uso de
aplicacións para móbiles. Conclusións finais
Relatores: David Serantes e Javier Rocamora
- Ferramentas de mellora da produtividade.
- Monitorización do alcance e dispersión da mensaxe.
- Parámetros que é interesante medir e a súa interpretación.
- Principais ferramentas de monitorización de webs,
blogs e redes sociais.
- As aplicacións para móbiles e o seu uso en
mercadotecnia en liña.
- Resumo final do curso: Conclusións e rolda de
preguntas/consultas abertas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















