
O perfil de usuario amosa información como o noso lugar de nacemento ou as nosas fotografías, e agora será doado ver con quen compartimos estes elementos sen ter que dar moitos pasos. Ata o momento, cando alguén nos etiquetaba nunha fotografía, esta aparecía automaticamente no noso perfil, pero agora deberán pasar por un proceso de aprobación pola nosa banda. O proceso de aprobación tamén se aplicará ás fotografías que compartamos en Facebook, de xeito que poderemos revisar as etiquetas que realice nas mesmas outro usuario.

Á hora de compartir contidos tamén será doado indicar con quen se comparten os distintos elementos, aparecendo unha etiqueta en cada un, indicando quen pode ver cada publicación, o que polo momento é unha prestación moi xenérica pero que no futuro agardan que sirva para sinalar grupos de persoas máis reducidos cos que compartir información (outra vez seguindo os pasos de Google+).

Estes cambios irán espallándose nos vindeiros días durante os usuarios de Facebook, buscando mellorar a súa experiencia no servizo, coidando a moi criticada política de privacidade de Facebook.
Facebook fará máis doado o control dos contidos compartidos
Compartir Este Artigo
