A empresa xermana Media Markt, o maior especialista europeo en informática, audio-vídeo, fotografía, telecomunicacións e electrodomésticos, continúa coa súa política de expansión nacional e afianza a súa presenza en Galicia coa apertura dun centro na Coruña, mañá xoves 29 de Outubro, que únese á tenda de Vigo, en funcionamento dende febreiro de 2008. O novo establecemento, cunha superficie comercial de 3.000 m2, supón a creación dun cento de postos de traballo directo. Con este novo centro, Media Markt sumará un total de 51 establecementos distribuídos por toda España.

Por outra banda exporanse as últimas novidades en lecer e electrónica de gama alta, coma o televisor LCD Philips Cinema 21:9 de 56 polgadas, o único modelo do mundo con formato 21:9 panorámico que utiliza o formato real en que se gravan as películas de cine. Tamén conta cun espazo especial de informática que inclúe as últimas novidades de Apple e unha zona dedicada á nova tecnoloxía 3D aplicada á informática.
O novo establecemento, que en motivo da súa apertura mañá abrirá a partir das 9:00 horas, agardando recibir a máis de 20.000 clientes durante a súa grande inauguración, porá a disposición do público coruñés unha oferta de 50.000 produtos de primeiras marcas e marcas galegas de referencia no sector, coma Blusens.

Cuestionados sobre o peso que teñen as distintas liñas de produto no novo establecemento, o xerente do centro, Álvaro Jiménez, asegurou que a informática e a imaxe e son supón o 40% do seu negocio, ao que o director xeral de Media Markt, Xavier Rofes, engadiu que se sumamos todas as liñas do lecer electrónico chegan ao 70% do seu catálogo de produtos, dando a entender que o crecemento do sector e moi elevado, especialmente coa chegada de novas tecnoloxías aos televisores (destacando as pantallas LED como unha opción a ter cada día máis en conta), os reprodutores multimedia portátiles (en constante renovación), a converxencia nos teléfonos móbiles de distintas tecnoloxías… en definitiva, a comercialización de produtos en constante evolución e con grande dinamismo, que fai de Media Markt un negocio rendible baixo a premisa duns prezos agresivos.
Catálogo de ofertas de lanzamento do novo Media Markt
