O Internet Explorer 9 estréase para Windows Vista e 7

martes, 15 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O navegador web de Microsoft renóvase oficialmente, de xeito que xa é posible descargar o Internet Explorer 9 na súa versión final para Windows Vista e Windows 7 (e Windows Server 2008), deixando fóra ao Windows XP (como signo da súa obsolescencia, o que debería instar a moitos a mudar a Windows 7) e estando dispoñible en español e catalán (mentres que o éuscaro e o galego parecen ausentes desta revisión).
A renovación do Internet Explorer supón unha considerable mellora para o navegador web de Microsoft, que integra numerosas novidades como unha mellor integración con Windows 7 (permitindo ancorar páxinas web á barra de ferramentas, facer uso de Jump Lists e modificar o tamaño das fichas do navegador ao arrastralas ao borde da pantalla), mellor soporte de HTML 5, unha interface máis limpa (centrándose nas páxinas web) e unha mellora de velocidade ao facer uso da aceleración por hardware que permiten os equipos informáticos.

PUBLICIDADE